A FUNDACIÓN

O Centro Internacional da Estampa contemporánea é unha plataforma onde concorren creación, exposición, investigación e formación da man de artistas consagrados, novos creadores e público situado no casco histórico de Betanzos.

Cursos

Dirixidos á formación integral dun artista e a impulsar a súa creatividade.
Poderás elixir calquera das técnicas gráficas e o tempo que tes para elas: dúas semanas, dous meses ou oito, cos cursos intensivos de verán ou o Máster da Obra Gráfica.

CURSOS DE VERÁN MÁSTER CIEC

Xilografía

Das técnicas máis populares, básase no gravado en relieve que inclúe o gravado á fibra e á contrafibra sobre madeira ou derivacións coma o linóleo.

Serigrafía

Unha técnica innovadora que demostra a súa capacidade para adaptarse aos requerimentos das diferentes correntes artísticas contemporáneas.

Litografía

A técnica sobre pedra ou aluminio, que acada os matices dun debuxo ou os trazos pictóricos, mantendo texturas en obra seriada.

Calcografía

Permite estampar unha imaxe creada mediante a incisión directa sobre unha plancha de metal, indirecta con recursos de ácidos e técnicas aditivas.

Premio Jesús Núñez

Dende o 2006 a Deputación da Coruña convoca cada ano este certame internacional que pon en valor ás creadoras e creadores gráficas/os e ás obras de seu.

El taller

A Fundación CIEC conta cun amplo taller onde traballar a Litografía, Calcografía, Xilografía e Serigrafía ao longo de todo o ano. Un espazo idóneo polo que pasan estudantes de todas partes do mundo, onde reciben as ensinanzas de artistas profesionais e xerando a confrontación de ideas.

La colección

Conta con máis de 3.000 obras de artistas de referencia coma Picasso, Miró, Dalí, Tápies,… xunto a novos valores e as súas recentes creacións recentes, coa fin de mostrar as máis variadas técnicas e estilos da gráfica contemporánea.

Visítanos

Achégate e descubre todos os procesos do nacemento dunha obra gráfica. Ven e entinta con nós. Variadas propostas para contemplar, coñecer, experimentar e estampar adaptadas á visita e tempo dispoñible.