Cursos de Verán
GRÁFICA 2026
Xullo e Agosto
Xullo
AUGAFORTE, AUGATINTA E COR NA CALCOGRAFIA
Este curso de temática calcográfica pretende afondar na punta seca, augaforte e augatinta e tamén nas diferentes posibilidades que ofrece o entintado. Emplearemos varias placas e o uso da cor para acadar diferentes resultados, levando así a estampa a efectos novos e diversos. A partires das técnicas calcográficas imos investigar a cantidade de posibilidades que ofrecen estas técnicas. Gravado aditivo mediante as técnicas do carborundum e resinas bicomponentes permitirá incorporar valores matéricos e texturais á estampa dende unha perspectiva de experimentación contemporánea. Empregando soportes plásticos de gran formato analizaremos os principais sistemas aditivos, así como o seu potencial para combinalos con outras técnicas gráficas. Este curso permitirá coñecer as técnicas aditivas dende a base e enriquecer a linguaxe persoal incorporando ao seu traballo un novedoso aspecto táctil e de relieve.
Javier Jubera (Logroño, 1982). Graduado en Gravado e Ilustración, conta cuha consolidada traxectora vinculada ao mundo editorial, musical, prensa e cartelería, con colaboracións con El Malpensante de Colombia, El País, Cinemanía ou Forbes. Seleccionado en certames internacionais coma o Catálogo Iberoamericano en 2021, sendo un dos 27 ilustradores participantes na mostra “El Color del Optimismo” organizada polo Ministerio de Asuntos Exteriores, compaxina arte e docencia na Escola Minúscula de Madrid e na Fundación CIEC.
O FOTOPOLÍMERO. GRAVADO EN OCO MEDIANTE PLACA
O gravado mediante placa de fotopolímero é unha técnica moderna e versátil que combina a precisión do proceso fotográfico coa beleza do gravado tradicional, e permite a artistas e deseñadoras/es crear impresións detalladas e de alta calidade con maior facilidade e menos impacto ambiental. A plancha de fotopolímero como matriz eríxese coma un material novedoso para a realización dun gravado en oco, durante éste acadaremos unha xestión adecuada e autónoma do proceso.
Ramón Freire Santa Cruz (Écija, 1980). Doctor en Belas Artes con mención europea pola Universidade de Granada. É profesor da Facultade de Belas Artes de Cuenca e do Máster de Gravado e Deseño da Real Casa de la Moneda, FNMT de Madrid.
Agosto
POR DETERMINAR
POR DETERMINAR
Curso
INTENSIVO DE SERIGRAFIA
Curso que aborda a Serigrafía artística dende todos os seus pasos: deseño, insolado, entintado, estampación, recuperación de pantallas, etc. Serán 40 horas para comprender unha forma rápida de estampación, con resultados plenos de cor e visión contemporánea. Emplearánse tintas á auga que participantes usarán para crear as súas propias cores, co obxectivo de todas/os volten cos seus traballos ao remate do curso.
Profe.
Curso dunha semana en horario de mañá e tarde.
Información e matrícula
Todos os cursos teñen unha duración de dúas semanas en horario de tarde, de luns a venres de 17 a 21 horas e incluen ensinanza e materiais comúns, quedando a conta de cada estudante matrices, papeis e todos aqueles de uso individual. Os de unha semana, serán en horario de mañá e tarde.
Para matricularse nalgún curso deberá enviarse á Fundación CIEC (correo postal, email ou enchendo o noso formulario de inscripción online), a seguiente documentación:
– Motivos polos que se desexa facer o curso ou cursos, indicando a súa elección.
– Datos personais. Nome, enderezo, teléfono, email, profesión e estudos.
– Copia do documento de identidade.
– Copia do ingreso de 190 euros na conta bancaria do CIEC (ES53.2080.3101.0930.4004.6241), indicando sempre e únicamente o nome da alumna/o que realizará o curso no concepto.
No caso de envío postal, todo deberá enviarse á Fundación CIEC. Rúa do Castro, 2 15.300 Betanzos ou ao correo ciec@fundacionciec.com
Unha vez confirmada a matrícula por parte da Fundación CIEC abonaráse na mesma conta bancaria o que resta do curso antes do comezo (indicando de novo en concepto o nome da/o alumna/o). A asignación de prazas será por riguroso orden de chegada, e previa confirmación pola Fundación CIEC. No caso de que o curso estivese completo, devolveráse a reserva de matrícula, devengando os gastos bancarios que se ocasionasen. As baixas antes do comezo só suporán a devolución cando se cubra a praza que queda e canso se fan con tempo abondo para cubrila e xustificación oficial. Non se devolverá o importe do curso se non se cumpren todos os requisitos. Os cursos só se celebrarán cun mínimo de 10 participantes.
Si se participou con anterioridade nalgunha edición dos Cursos de Gráfica, a/o alumna/o beneficiaráse dunha reducción do 10% da matrícula, para o que deberá enviar unha copia do diploma.
Se precisa axuda ou información complementaria, pode poñerse en contacto a través do teléfono +34 981772964 ou ciec@fundacionciec.com
