Bases
XXI PREMIO INTERNACIONAL JESÚS NÚÑEZ DE ARTE GRÁFICA 2026
PRIMEIRA. Obxecto
Na líña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, ao desenvolvemento da arte gráfica, así coma en recoñecemento ao labor realizada pola Fundación CIEC Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, a Deputación da Coruña convoca o XXI Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica do ano 2026.
SEGUNDA. Persoas destinatarias
Poderán optar ao Premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame cunha antigüidade máxima de tres anos.
A orixinalidade de a obra e a súa autoría xustificaráse mediante unha declaración responsable na que se manifeste ser a persoa autora e titular de todos os dereitos. En consecuencia, a Deputación Provincial da Coruña non se fará responsable das posibles denuncias por plaxio ou eventualidade similar que poideran xurdir, recaendo na persoa participante afectada as accións legais que procedan e asumirá, se é o caso, as indemnizacións que poideran corresponder polos prexuízos ocasionados a particulares ou á organización.
As persoas participantes terán a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do Premio.
TERCEIRA. Dotación
Establécense os seguintes premios:
* Primeiro Premio dotado con 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC. Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan de aplicación.
* Dous Accesits consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula dun módulo do Máster da Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.
Os premios poderán quedar desertos ou, no caso do primeiro premio, ser concedido con carácter ex aequo; neste caso, o seu importe repartiráse proporcionalmente entre as persoas que resulten premiadas. Os premios non poderán concederse a título póstumo, sin prexuízo dos dereitos de sucesión que poidan exercerse se a persoa premiada falecese despois da decisión do Xurado. Os traballos premiados quedarán en propiedade da Deputación da Coruña; así memo, as persoas autoras das obrs entregarán outro exemplar, igual aos premiados, á Fundación CIEC, con destino aos fondos da súa colección. A Deputación poderá publicar os traballos premiados e, previo acordo coas persoas autoras, poderá publicar, tamén, aqueles traballos que non fosen premiados e que o xurado considere de calidade. As persoas cuxas obras sexan incluídas na publicación recibirán cinco exemplares do catálogo.
CUARTA. Prazo
O prazo de presentación de solicitudes iniciaráse o día 10 de Febreiro de 2026 e rematará o 10 de Abril de 2026, logo da publicación do extracto da convocatoria deste Premio no BOP da Coruña, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións.
QUINTA Envío da obra e documentación.
A presentación realizarase mediante o envío de dous elementos diferenciados: por unha banda a solicitude da persoa participante xunto coa documentación administrativa correspondente; e por outra, a obra.
Solicitudes. As solicitudes presentaránse, no modelo que figura como ANEXO, por algún dos seguintes medios: – Preferentemente por medios electronicos a través da sede electrónica da Deputación da Coruña. – En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. – Mediante envío por correo postal ao enderezo da Deputación Provincial da Coruña, Avda Porto da Coruña, 2 15.003 A Coruña.
As persoas interesadas en participar que teñan dificultades para remitir a solicitude por algunha das vías anteriores poderán enviala por correo electrónico á Fundación CIEC (premio(a)fundacionciec.com), cunha antelación mínima de dez días naturais antes da finalización do prazo de presentación. Deberán achegar un modelo de representación no que autoricen á Fundación CIEC a realizar a presentación da solicitude. A Fundación encargaráse de rexistrala a través do Rexistro Xeral dentro do prazo establecido.
Documentación que acompañará a solicitude:
* Currículo que non exceda dun tamaño DIN A4, por unha cara.
* Ficha técnica: título, técnica, data, tipo de papel, medida do papel (altura x base), medida da mancha (altura x base), número de matrices, número de tintas, tirada e taller de estampaxe.
* Fotografía da obra
Obra. As obras enviaránse á Fundación CIEC, Rúa do Castro 2, 15300 Betanzos, A Coruña, Galicia, España, indicando no sobre “XXI Premio internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica – non comercial value.
- Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, xilografía, serigrafía e as súas derivacións.
- As medidas do papel non excederán de 115×78 cms e o tamaño da mancha impresa será, como mínimo, de 28×28 cms. O grosor das obras non poderá superar 1 cm.
- As obras presentaránse asinadas, sen enmarcar e ao dorso deberá figurar o nome e apelidos da persoa autora, e o ano da súa realización e a copia da solicitude remitida á Deputación Provincial da Coruña.
- Non se admitirán obras que non teñan presentada a solicitude correspondente por calquera dos medios indicados anteriormente.
Os gastos de envío das obras e documentación correrán a cargo das persoas solcitantes.
SEXTA. Xurado
O Xurado será presidido pola Deputada de Cultura ou a persoa en quen delegue, quen actuará con voz en sen voto, e formarán parte del: – Unha persoa en representación da Fundación CIEC. – Catro persoas de recoñecido prestixio no ámbito da arte gráfica, nomeadas pola Deputada de Cultura. As funcións de secretaría exerceraas a Secretaría da Corporación ou a presoa funcionaria en quen delegue.
Para o nomeamento do xurado respectaráse a presencia equilibrada de mulleres e homes, en cumprimento ddo disposto no artigo 70 da Lei 7/2023, do 30 de Novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia. As persoas que integren o Xurado estarán sometidas ao deber de abstención nos casos sinalados no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de Outubro, de r´xime xurídico do sector público. A composición dos xurados daránse a coñecer, con anterioridade á súa reunión, no taboleiro de anuncios da sede electrónica co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes. Aplicaráse o disposto na Lei 40/2015, de 1 de Outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público (LRXSP), Título Preliminar, Capítulo II, Sección 3ª: Örganos colexiados das distintas administracións públicas”, artigos 15 ao 18, no que se refire tanto á validez da súa constitución, como á actuación do Xurado. As deliberacións serán secretas e delas serán estendidas as actas correspondentes.
SÉTIMA. Concesión, selección para a exposición e pago
Concesión e pago. A proposta de concesión que formule o Xurado será obxecto da resolución da Presidencia, que resolverá a súa aprobación, previo informe do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes e do Servizo de Fiscalización. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas persoas que teñan a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regularmente como paraíso fiscal, de conformidade co disposto no artigo 13.f) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. Para a concesión e cobro do primeiro premio, a persoa premiada deberá presentar a seguinte documentación:
Residencia española. – Certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a persoa está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Poderá omitirse a presentación desta documentación sempre que envíe un documento autorizando expresamente á Deputación Provincial da Coruña ás consultas tributarias e non se opoña á consulta de datos da Seguridade Social. – Comunicación de alta de datos bancarios para o rexistros de terceiros, que figura no apartado de impresos oficiais da páxina web da Deputación Provincial da Coruña. – Certificación da titularidade de conta, expedida pola entidade bancaria.
Outra residencia: – Copia do pasaporte ou DNI. – Certificado de residencia fiscal. – Certificación de titularidade de conta bancaria.
A presentación desta documentación faráse preferentemente por medios electrónicos a través do modelo “Solicitude Xeral” dispoñible na sede electrónica da Deputación da Coruña. Tamén poderá presentala en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A concesión e pago do Premio será publicado na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
Selección para a exposición. O xurado poderá seleccionar 30 obras, como máximo, entre as obras non premiadas, para a súa inclusión nunha exposición, que será inaugurada na Fundación CIEC e que logo itinerará por concellos da provincia; para esta exposición será editado o correspondente catálogo, do que se entregarán cinco exemplares a cada unha das persoas autoras presentes na exposición. As obras non seleccionadas, enviadas dende territorio nacional, devolveránse ás súas autoras ou autores, por mensaxería a portes debidos. Os envíos procedentes do estranxeiro devolveránse a portes debidos, previa consulta e/ou información por parte da Fundación CIEC. No caso de que a persoa autora non responda ou non se poña en contacto coa Fundación CIEC para a devolución da súa obra, entenderáse que renuncia á súa propiedade, debendo achegar neste caso un escrito asinado por medio do que fará renuncia expresa á propiedade da obra e a súa cesión á Deputación. As obras que resulten seleccionadas para a exposición serán devoltas nas condicións establecidas nos parágrafos anteriores, ao finalizar a súa itinerancia.
OITAVA. Obrigas
Os titulares das obras presentadas, a través da aceptación das bases deste Premio, outorgan unha cesión non exclusiva, gratuíta e intransmisible á Deputación da Coruña, nos termos do artigo 50 da Lei de propiedade intelectual, o Real decreto lexislativo 1/1996, de 12 de Abril. Os dereitos cedidos son os de reproducción, distritbución, comunicación pública en todas as súas modalidades, incluída a de posta a disposición. Os titulares das obras presentadas aceptan a inclusión das que poda seleccionar o xurado no catálogo e na exposición itinerante.
NOVENA. Protección de datos
Os datos facilitados serán tratados pola Deputación da Coruña coa finalidade de tramitar esta convocatoria. A participación nesta convocatoria implica aceptar a realización de fotografías e/ou vídeos pola Deputación da Coruña no certame de entrega dos premios ou no desenvolvemento das actividades complementarias. As ditas imaxes poderán ser publicadas en : – A páxina web e perfís en redes sociais da Deputación da Coruña. – Filmacións destinadas á promoción da actividade. – Publicacións para dar a coñecer a actividade.
A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público. Os datos poderán ser comunicados ás Administracións Públicas para o exercicio das súas competencias e serán conservados de acordo co establecido na normativa de arquivo. As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica da Deputación da Coruña ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. ASí mesmo se considera que o tratamento incumpre co establecido no RXPD pode reclamar perante a AEPD. POden consutlar máis información relacionada coa protección de datos na nosa Política de Privacidade ou dirixindo un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.
DÉCIMA. Aceptación das bases
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

Máis información. Fundación CIEC. Tel. + 34 981772964 ciec(a)fundacionciec.com
Descarga las bases y envíanos tu solicitud de participación.

Bases PDF