Cursos fin de Semana

Abril, Maio e Xuño 2018

Actividade realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia.

Abril 2018

CALCOGRAFÍA

Taller. A Calcografía basa o seu traballo na plancha de metal e as súas posibilidades tanto coa incisión directa nas liñas coma no uso dos ácidos para acadar mordidas e tonos. Punta seca, augaforte e augatinta serán as bases do noso traballo, sendo éste o camino da iniciación e perfeccionamento desta técnica gráfica. Cada participante desenvolve as súas propias pezas seguindo os pasos necesarios de maneira amena e persoal.

 Prof. Javier Jubera. Logroño, 1982. Gravador e ilustrador de ampla traxectoria, comeza a súa formación na Escola de Arte de Logroño e de seguido na ESDIP e na Nº 10 de Madrid, onde estuda gravado e técnicas de estampación. A súas ilustracións aparecen en revistas, cds, vinilos e portadas de libros ao tempo que expón de maneira habitual dentro e fora do país.


Actividade realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia.

Días 7, 14, 21 e 28

Sábados
Horario de 10:00 / 15:00

Horas lectivas: 20
Imparte: Javier Jubera
Precio: 160€

Inscripción

Maio 2018

XILOGRAFÍA

Taller. A madeira e derivados constitúen a materia da que partir para por medio da gubia dar forma e cor á creación de cada participante. A Xilografía é unha técnica directa, sobre unha materia natural, o que permite a súa rápida compresión, e con iso un avance progresivo nas súas posibilidades de texturas e resultados. A forza expresiva desta técnica faina sen dúbida moi contemporánea pese a ser utilizada polo home dente tempos inmemoriais.

Prof. Omar Kessel. Pintor e gravador cubano de amplia e recoñecida traxectoria, gradúase no Instituto Superior de Belas Artes da Habana, é membro do Taller Experimental de Gráfica da Habana e Xefe de Taller da Fundación CIEC onde imparte cursos de Litografía e Xilografía. A súa obra caracterízase polo uso do debuxo e da cor nunha figuración pobrada por personaxes e vexetacións inspirados na súa illa natal e na literatura.


Actividade realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia.

Días 5, 12, 19 e 26

Sábados
Horario de 10:00 / 15:00

Horas lectivas: 20
Imparte: Omar Kessel
Precio: 160€

Inscripción

Xuño 2018

LITOGRAFÍA

Taller. O traballo con pedras litográficas é unha das ventaxas deste curso. A maxia da pedra e todas as posibilidades a descubrir da man dun gran maestro coma Kessel son dous dos puntos fortes destes talleres. Dende o trazo sinxelo do lápiz litográfico ás diferentes texturas son rexistradas pola pedra e as súas estampacións. Todos estes recursos abordaránse ao longo do curso de forma pausada ao ser unha técnica laboriosa pero coa que se acadan series perfectas e de grande beleza.


Actividade realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia.

Días 2, 9, 16 e 30

Sábados
Horario de 10:00 / 15:00

Horas lectivas: 20
Imparte: Omar Kessel
Precio: 160€

Inscripción

Información y Matrícula

Todos los cursos tienen una duración de 4 días los sábados de cada mes, de 10:00 a 15:00 horas, e incluyen la enseñanza y materiales comunes, quedando a cuenta del alumno matrices, papeles y todos aquellos de uso individual. Infórmese de la disponibilidad de plazas y el proceso de inscripción de los cursos a través  del formulario de  contacto  o llamando al Tel. 981772964.