Calcografía

PROGRAMA

Tras unha breve introducción teórica abordaráse a practica desta coñecida técnica nas súas múltiples variantes: augaforte, augatinta, punta seca, buril, maneira negra, …. para iso os/as estudantes traballarán sobre diferentes planchas de metal sobre as que se levarán a cabo todos os procesos técnicos, dende o pulido das matrices, pasando polo resinado, gravado, mordidas, etc, ata o entintando e proceso de estampación co manexo dos tórculos para a consecución dunha tirada perfectamente executada e numerada.

PROFESORADO

Impartiron estes cursos artistas e mestres/as coma Iván Araújo, Pablo Casado, Alejandro Fernández-Arango, Tita Fraga, Enrique González, Anne Heyvaert, Susana Murias, Carmen Navarro, Silvia Pagliano, David Arteagoitia ou Irati Retolaza. 

 

Outubro - Novembro 2024

De martes a sábado,
horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00

250 horas aprox.
Prezo: 1.260 euros

Inscrición