Calcografía
PROGRAMA
Tras unha breve introducción teórica abordaráse a practica desta coñecida técnica nas súas múltiples variantes: augaforte, augatinta, punta seca, buril, maneira negra, …. para iso os/as estudantes traballarán sobre diferentes planchas de metal sobre as que se levarán a cabo todos os procesos técnicos, dende o pulido das matrices, pasando polo resinado, gravado, mordidas, etc, ata o entintando e proceso de estampación co manexo dos tórculos para a consecución dunha tirada perfectamente executada e numerada.
PROFESORADO
Impartiron estes cursos artistas e mestres/as coma Iván Araújo, Pablo Casado, Alejandro Fernández-Arango, Tita Fraga, Enrique González, Anne Heyvaert, Susana Murias, Carmen Navarro, Silvia Pagliano, Javier Jubera, David Arteagoitia, Irati Retolaza, María Gambín ou Omer Zaballa.
Cursos Anuais. Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Cursos CIEC PDF