Litografia
PROGRAMA
Historia e teoría da Litografía. Abordaráse tanto o traballo en pedra coma en prancha de aluminio. O estudiantado levará a cabo os procesos básicos coma o graneado e a preparación da pedra, debuxo con lápices e barras litográficas, … avanzando na aplicación de tintas e augadas, para pasar a tratamentos máis complexos coma rexistros en estampación multicolor, estampación de matrices negativas, borrado e procesado dunha mesma matriz para estampar varias cores, procesados fotosensibles,… acadando así un dominio técnico que permita plasmar a creatividade de cada alumno/a.
PROFESORAS/ES
Impartiron estes cursos artistas e profesores coma Ali Ali, Balle Baranda, Elena Carrasco, María Gambín, Lyubomir Jordanov ou Omar Kessel, entre outras/os.