Bases
XVIII PREMIO INTERNACIONAL DE ARTE GRÁFICA JESÚS NÚÑEZ 2023
Na líña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, ao desenvolvemento da arte gráfica, así coma en recoñecemento ao labor realizada pola Fundación CIEC Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, a Deputación da Coruña convoca o XVIII Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez, dacordo coas seguintes bases 2023:
PRIMEIRA
Poderán optar ao Premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, xilografía, serigrafía e as súas derivacións.
As medidas do papel non excederán de 76×112 cms e o tamaño da mancha impresa será, como mínimo, de 28×28 cms. O grosor das obras non poderá superar 1 cm.
A orixinalidade de a obra e a súa autoría xustificaráse mediante unha declaración responsable manifestando ser a persoa autora e titular de todos os dereitos. En consecuencia, a Deputación Provincial da Coruña non se fará responsable das posibles denuncias por plaxio ou eventualidade similar que poideran xurdir, recaendo na persoa participante afectada as accións legais que procedan e asumindo, se é o caso, as indemnizacións que poideran corresponder polos prexuízos ocasionados a particulares ou á organización.
As persoas participantes terán a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do premio.
SEGUNDA
Establécense os seguintes premios:
* Primeiro Premio dotado con 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC. Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables.
* Dous Accesits consistentes cada un deles nuna bolsa de matrícicula dun módulo do Máster da Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.
O premio poderá quedar deserto e ser concedido con carácer ex aequo. Neste caso, o seu importe repartiráse proporcionalmente entre as persoas que resulten premiadas.
O premio non poderá concederse a título póstumo, sin prexuizo dos dereitos de sucesión que poidan exercerse si a/as persoa/s autora/s falecesen despois do fallo do xurado.
Os traballos premiados quedarán en propiedade da Deputación da Coruña; asimesmo, as autoras ou autores das obras entregarán outro exemplar, igual ao premiado, á Fundación CIEC, con destino aos fondos da súa Colección.
A Deputación poderá publicar ou expoñer os traballos premiados e, previo acordo coas súas autoras ou autores, poderá publicar ou expoñer aqueles traballos que no foran premiados e que o xurado considere de calidade.
As persoas cuxas obras sexan incluidas na publicación recibirán cinco exemplares do catálogo.
TERCEIRA
O prazo de presentación das solicitudes se iniciará o día 2 de Maio de 2023 e rematará o 30 de Xullo de 2022.
As solicitudes presentaránse, no modelo que figura como anexo, por algún dos seguintes medios: – Electrónicamente a través do modelo Solicitude Xeral dispoñible na sede electrónica da Deputación da Coruña (https://sede.dacoruna.gal). Para a presentación da solicitude, a sede electrónica da Deputación da Coruña admite os certificados electrónicos do sistema Clave, que contempla a utilización de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído DNIe). – De forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común). – Mediante envío por correo postal ao enderezo da Deputación Provincial da Coruña, Avda Porto da Coruña, 2 15.003 A Coruña, no modelo que figura como anexo.
As obras enviaránse á Fundación CIEC, Rúa do Castro 2, 15300 Betanzos, A Coruña, Galicia, indicando no sobre “XVIII Premio internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica e “no commercial value”.
As obras presentaránse asinadas, sen enmarcar e ao dorso deberá figurar o nome e apelidos do/a autor/a, e o ano da súa realización e a copia da solicitude remitida á Deputación da Coruña.
Non se admitirán obras que non teñan presentada a solicitude correspondente por calquera dos medios indicados anteriormente.
CUARTA
A documentación que se ha de presentar coa solicitude é a seguinte:
* Currículo que non exceda dun tamaño DIN A4, por unha cara.
* Ficha técnica: título, técnica, data, tipo de papel, medida do papel (altura x base), medida da mancha (altura x base), número de matrices, número de tintas, tirada e taller de estampaxe.
* Fotografía da obra en tamaño A4
*Declaración responsable manifestando ser a persoa autora e titular de todos os dereitos e da súa cesión á Deputación Provincial, non en exclusividade,e con carácter temporal para os efectos seguintes: -Exposición ou exhibición no lugar que estime oportuno dentro da itinerancia programada das obras seleccionadas no XVIII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica. -Reproducción total ou parcial da obra e a súa inclusión no catálogo das obras seleccionadas polo xurado.
* Declaración expresa de que a obra non foi premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.
*Declaración de consentimento expreso para o tratamento dos datos persoais que constan na solicitude para a participación no XVII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica, de conformidade co establecido na LO 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
QUINTA
O xurado estará presidido pola persoa que ocupe a Presidencia da Deputación ou persoa en quen delegue, e formarán parte del: Jesús Núñez ou persoa en quen delegue e catro persoas de recoñecido prestixio no ámbito da arte gráfica nomeadas por aquela.
As funcións de Secretaría exerceráas a Secretaria da Corporación ou a funcionaria/o en quen delegue.
Para o nomeamento do xurado respectaráse a presenza equilibrada de mulleres e homes, en cumprimento do disposto no Capitulo I, artigo 5.2d) do Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. As persoas que integren o xurado estarán sometidas ao deber de abstención nos casos sinalados no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de Outubro, de RXSP.
A composición do xurado daráse a coñecer con anterioridade á súa reunión na páxina web da Deputación, co fin de que se poidan interpoñer, se é o caso, os recursos legais pertinentes.
SEXTA
O xurado actuará en pleno, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 17 da Lei 40/2015, do 1 de Outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
As deliberacións serán secretas e delas será estendida a acta correspondente.
O xurado poderá declarar deserto o premio, e a proposta que formule será obxecto da resolución da Presidencia, que resolverá a sáu aprobación. O Xurado poderá seleccionar un máximo de 30 obras que considere de calidade para seren incluídas nunha publicación, conforme o establecido na base segunda.
O fallo do xurado será inapelable. Terá lugar no segundo semestre de 2023 e daráse a coñecer na web da Deputación; a Deputación resérvase o dereito a cambiar a data se é necesario.
O xurado poderá seleccionar unha selección (que será de 30 obras como máximo) entre as obras non premiadas, para a súa inclusión nunha exposición, que será inaugurada na Fundación CIEC e que posteriormente itinerará por municipios da provincia.
SÉTIMA
As obras non seleccionadas, enviadas dende territorio nacional, devolveránse ás súas autoras ou autores, por mensaxería a portes debidos. Os envíos procedentes do estranxeiro se devolverán a portes dbidos, previa consulta e/ou información por parte da Fundación CIEC. No caso de que a persoa autora non responda ou non se pña en contacto coa Fundación CIEC para a devolución da súa obra, entenderáse que renuncia á súa propiedade, debendo achegar neste caso un escrito asinado por medio do que fará renuncia expresa á propiedade da obra e a súa cesión á Deputación.
As obras que resulten seleccionadas para a exposición serán devoltas nas condicións establecidas nos parágrafos anterioes, ao finalizar a súa itinerancia.
OITAVA
A Deputación da Coruña correrá cos gastos dos seguros das obras durante o tempo no que permanezan no seu poder, e sempre que este non supere os prazos sinalados para a súa retirada.
A Deputación da Coruña e a Fundación CIEC non se fan responsables da deterioración, extravío, roubo, etc. que poidan sufrir no transporte as obras enviadas ao premio.
NOVENA
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
DÉCIMA
Os datos subministrados teñen a finalidade de poder tramitar esta convocatoria e están protexidos pola Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. O responsable do tratamento dos datos é a Deputación Provincial da Coruña e o encargado será a empresa contratada pola Deputación Provincial para coordinar o premio, no caso de se contratar. A lexitimación para o tratamento dos datos persoais contidos nesta solicitude é o consentimento que o asinante outorga á Deputación Provincial coa súa firma. No caso de que sexa denegado o consentimento para o tratamento dos datos persoais, non poderá presentarse ao premio por imposibilidade de tramitación da solicitude. O destinatario dos datos é a Deputación Provincial que non cederá datos a terceiros, salvo obriga legal. Os datos facilitados conservaranse ata a finalización da tramitación da convocatoria. As persoas que participen na convocatoria teñen os dereitos a acceder, rectificar ou suprimir datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento e solicitar a portabilidade dos mesmos en calquera momento. Estes dereitos poderán exercerse perante as oficinas centrais da Deputación sitas na Avda. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, ou ben a través de medios electrónicos, dirixindo un correo ao enderezo delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal. Pode consultar a política de privacidade da Deputación na dirección //www.dacoruna.gal/avisos/politica-privacidade
Descarga las bases y envíanos tu solicitud de participación.