Bases

XIX PREMIO INTERNACIONAL DE ARTE GRÁFICA JESÚS NÚÑEZ 2024

Na líña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, ao desenvolvemento da arte gráfica, así coma en recoñecemento ao labor realizada pola Fundación CIEC Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, a Deputación da Coruña convoca o XIX Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez, dacordo coas seguintes bases 2024:

PRIMEIRA

Poderán optar ao Premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.

Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, xilografía, serigrafía e as súas derivacións.

As medidas do papel non excederán de 76×112 cms e o tamaño da mancha impresa será, como mínimo, de 28×28 cms. O grosor das obras non poderá superar 1 cm.

A orixinalidade de a obra e a súa autoría xustificaráse mediante unha declaración responsable manifestando ser a persoa autora e titular de todos os dereitos.  En consecuencia, a Deputación Provincial da Coruña non se fará responsable das posibles denuncias por plaxio ou eventualidade similar que poideran xurdir, recaendo na persoa participante afectada as accións legais que procedan e asumindo, se é o caso, as indemnizacións que poideran corresponder polos prexuízos ocasionados a particulares ou á organización.

As persoas participantes terán a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do premio.

SEGUNDA

Establécense os seguintes premios:
* Primeiro Premio dotado con 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC. Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables.
* Dous Accesits consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula dun módulo do Máster da Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.
O premio poderá quedar deserto e ser concedido con carácer ex aequo. Neste caso, o seu importe repartiráse proporcionalmente entre as persoas que resulten premiadas.

O premio non poderá concederse a título póstumo, sin prexuizo dos dereitos de sucesión que poidan exercerse si a/as persoa/s autora/s falecesen despois do fallo do xurado.
Os traballos premiados quedarán en propiedade da Deputación da Coruña; asimesmo, as autoras ou autores das obras entregarán outro exemplar, igual ao premiado, á Fundación CIEC, con destino aos fondos da súa Colección.
A Deputación poderá publicar ou expoñer os traballos premiados e, previo acordo coas súas autoras ou autores, poderá publicar ou expoñer aqueles traballos que no foran premiados e que o xurado considere de calidade.
As persoas cuxas obras sexan incluidas na publicación recibirán cinco exemplares do catálogo.

TERCEIRA

O prazo de presentación das solicitudes se iniciará o día 2 de Maio de 2024 e rematará o 5 de Xullo de 2024.

As solicitudes presentaránse, no modelo que figura como anexo, por algún dos seguintes medios: – Electrónicamente a través do modelo Solicitude Xeral dispoñible na sede electrónica da Deputación da Coruña (https://sede.dacoruna.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudGeneral_N). Para a presentación da solicitude, a sede electrónica da Deputación da Coruña admite os certificados electrónicos do sistema Clave, que contempla a utilización de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído DNIe).  – De forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común). – Mediante envío por correo postal ao enderezo da Deputación Provincial da Coruña, Avda Porto da Coruña, 2 15.003 A Coruña, no modelo que figura como anexo.

As obras enviaránse á Fundación CIEC, Rúa do Castro 2, 15300 Betanzos, A Coruña, Galicia, indicando no sobre “XIX Premio internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica e “no commercial value”.

As obras presentaránse asinadas, sen enmarcar e ao dorso deberá figurar o nome e apelidos do/a autor/a, e o ano da súa realización e a copia da solicitude remitida á Deputación da Coruña.

Non se admitirán obras que non teñan presentada a solicitude correspondente por calquera dos medios indicados anteriormente.

CUARTA

A documentación que se ha de presentar coa solicitude é a seguinte:

* Currículo que non exceda dun tamaño DIN A4, por unha cara.

* Ficha técnica: título, técnica, data, tipo de papel, medida do papel (altura x base), medida da mancha (altura x base), número de matrices, número de tintas, tirada e taller de estampaxe.

* Fotografía da obra en tamaño A4

*Declaración responsable manifestando ser a persoa autora e titular de todos os dereitos e da súa cesión á Deputación Provincial, non en exclusividade,e con carácter temporal para os efectos seguintes:  -Exposición ou exhibición no lugar que estime oportuno dentro da itinerancia programada das obras seleccionadas no XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica.  -Reproducción total ou parcial da obra e a súa inclusión no catálogo das obras seleccionadas polo xurado.

* Declaración expresa de que a obra non foi premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.

*Declaración de consentimento expreso para o tratamento dos datos persoais que constan na solicitude para a participación no XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica, de conformidade co establecido na LO 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

QUINTA

O xurado estará presidido pola persoa que ocupe a Presidencia da Deputación ou persoa en quen delegue, e formarán parte del: unha persoa en representación da Fundación CIEC e catro persoas de recoñecido prestixio no ámbito da arte gráfica nomeadas por aquela.

As funcións de Secretaría exerceráas a Secretaria da Corporación ou a funcionaria/o en quen delegue.

Para o nomeamento do xurado respectaráse a presenza equilibrada de mulleres e homes, en cumprimento do disposto no Capitulo I, artigo 5.2d) do Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.  As persoas que integren o xurado estarán sometidas ao deber de abstención nos casos sinalados no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de Outubro, de RXSP.

A composición do xurado daráse a coñecer con anterioridade á súa reunión na páxina web da Deputación, co fin de que se poidan interpoñer, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

SEXTA

O xurado actuará en pleno, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 17 da Lei 40/2015, do 1 de Outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

As deliberacións serán secretas e delas será estendida a acta correspondente.

O xurado poderá declarar deserto o premio, e a proposta que formule será obxecto da resolución da Presidencia, que resolverá a sáu aprobación. O Xurado poderá seleccionar un máximo de 30 obras que considere de calidade para seren incluídas nunha publicación, conforme o establecido na base segunda.

O fallo do xurado será inapelable. Terá lugar no segundo semestre de 2024 e daráse a coñecer na web da Deputación; a Deputación resérvase o dereito a cambiar a data se é necesario.

O xurado poderá seleccionar unha selección (que será de 30 obras como máximo) entre as obras non premiadas, para a súa inclusión nunha exposición, que será inaugurada na Fundación CIEC e que posteriormente itinerará por municipios da provincia; para esta exposición será editado o correspondente catálogo, do que se entregarán cinco exemplares a cada unha das persoas autoras presentes na exposición.

SÉTIMA

As obras non seleccionadas, enviadas dende territorio nacional, devolveránse ás súas autoras ou autores, por mensaxería a portes debidos. Os envíos procedentes do estranxeiro se devolverán a portes dbidos, previa consulta e/ou información por parte da Fundación CIEC. No caso de que a persoa autora non responda ou non se poña en contacto coa Fundación CIEC para a devolución da súa obra, entenderáse que renuncia á súa propiedade, debendo achegar neste caso un escrito asinado por medio do que fará renuncia expresa á propiedade da obra e a súa cesión á Deputación.

As obras que resulten seleccionadas para a exposición serán devoltas nas condicións establecidas nos parágrafos anterioes, ao finalizar a súa itinerancia.

OITAVA

A Deputación da Coruña correrá cos gastos dos seguros das obras durante o tempo no que permanezan no seu poder, e sempre que este non supere os prazos sinalados para a súa retirada.

A Deputación da Coruña e a Fundación CIEC non se fan responsables da deterioración, extravío, roubo, etc. que poidan sufrir no transporte as obras enviadas ao premio.

NOVENA

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

DÉCIMA

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Deputación da Coruña coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento. O tratametno dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas. Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesareio para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou por obriga legal.

As persoas interesdas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica da Deputación da Coruña ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para faciltiar o exercidio dos dereitos, a Deputación pon ao ser dispor un modelo de solicitude https://sede.dacoruna.gal/sxc/gl/procedimientoytramites/tramites/EjercicioDerechosLOPD_N. Para calquera outra dúbida poderá dirixirse ao Delegado de Protección de DAtos da Deputación a través do seguinte correo electrónico delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.

Máis información. Fundación CIEC. Tel. + 34 981772964 ciec(a)fundacionciec.com

Descarga las bases y envíanos tu solicitud de participación.