Cursos de Verán
GRÁFICA 2024
Xullo e Agosto
Xullo
GRAVADO AO CARBORUNDUM EN GRAN FORMATO
O gravado aditivo mediante as técnicas do carborundum e resinas bicomponentes permitirá incorporar valores matéricos e texturais á estampa dende unha perspectiva de experimentación contemporánea. Empregando soportes plásticos de gran formato analizaremos os principais sistemas aditivos, así como o seu potencial para combinalos con outras técnicas gráficas. Este curso permitirá coñecer as técnicas aditivas dende a base e enriquecer a linguaxe persoal incorporando ao seu traballo un novedoso aspecto táctil e de relieve.
Marta Fermín. (Oviedo, 1973). Artista e técnica superior en grabado e estampación e tamén e edición de arte, amplía a súa formación noutros centros internacionales. Ata 2023 é Directora Artística de Decero Creativo en Oviedo, comezando outro proxecto nas Antigas Escolas de Tox tamén en Asturias, compaxinandoo coa Dirección de Alma Gráfica e a Semana Profesional de Arte. A sua obra forma parte de coleccións coma a do Museo de Belas Artes de Asturias, Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Academia de Belas Artes de Belgrado, Museo Aoya de Xapón ou a Fundación CIEC.
FOTOGRAVADO
Neste curso achegarémonos ao mundo do Fotogravado en oco a través de placa de fotopolímero. Descubriremos os aspectos fundamentais para a construcción dunha placa de fotopolímero mediante positivo autográfico e positivo dixital. Mostraráse un amplocontido en relación á placa de fotopolímero, e a todos os elementos que interveñen e actúan arredor desta para chegar a obter óptimos resultados. Dende o tratamento dunha imaxe ata o manexo de materiais, así como o descubrementos de diferentes soportes, tramas ou conceptos de fotomecánica que se verán neste apaixoante curso a través da práctica. As altas posibilidades estético-plásticas así como as altas prestacións a nivel creativo, fan que poidamos afiramar que eatmos ante o proceso a nivel tonal máis importante da historia do gravado.
Ramón Freire Santa Cruz (Écija, 1980). Doctor en Belas Artes con mención europea pola Universidade de Granada. É profesor da Facultade de Belas Artes de Cuenca e do Máster de Gravado e Deseño da Real Casa da Moeda, FNMT de Madrid.
Agosto
LITOGRAFÍA EN PLACA DE ALUMINIO GRANEADA
Descubre o fascinante mundo da Litografía sobre plancha de aluminio!. Neste curso desmitificaremos esta técnica versátil e accesible para amantes da arte. Exploraremos dende as técnicas tradicionais ata ás máis innovadoras, coma o tóner e a transferencia. Coa guía daunha mestra litógrafa, dominaremos os materiais, ferramentas e maquinaria necesarios para crear estampas excepcionais. Prepárate para unha viaxe de descubrimento creativo que elevará as túas habilidades artísticas a outro nivel!
Valle Baranda (Xixón, 1977) – Litógrafa formada na Escola de Arte de Oviedo e no Tamarind Institute de EE.UU, onde se gradúa coma Master Printer no 2003 e dende entón dirixe o seu taller, Alchemy Prints, en Asturias, ofrecendo asesoramento e editanto a artistas, ademáis de cursos e creación de obra gráfica de seu. Actualmente é profesora na Escola de Arte de Córdoba.
AUGAFORTE, AUGATINTA E COR
Este curso abrangue as principais técnicas calcográficas como a punta seca, augaforte e augatinta, así coma as diferentes posibilidades que ofrece o entintado para acadar a cor. Para isto traballaremos varias pranchas de zinc que puliremos para controlar así todos os procesos na consecución das nosas obras. Investigaránse as diferentes posibilidades e combinacións que as técnicas gráficas poñen ao noso servizo
Javier Jubera (Logroño, 1982). Graduado en Gravado e Ilustración, conta cuha consolidada traxectora vinculada ao mundo editorial, musical, prensa e cartelería, con colaboracións con El Malpensante de Colombia, El País, Cinemanía ou Forbes. Seleccionado en certames internacionais coma o Catálogo Iberoamericano en 2021, sendo un dos 27 ilustradores participantes na mostra “El Color del Optimismo” organizada polo Ministerio de Asuntos Exteriores, compaxina arte e docencia na Escola Minúscula de Madrid e na Fundación CIEC.
SERIGRAFÍA. MONOGRÁFICO
Traballaráse a serigrafía de xeito intenso mediante emulsións fotosensibles e tintas á auga. O obxectivo é que as/os participantes aprendan a coñecer e controlar tanto os materiais empregados coma os procesos técnicos de estampación. Coas dúas premisas as/os alumnas/os lanzaráse á realización das obras creadas e estampadas por elas/es mesmas/os. A rapidez na edición en serigrafía permitirá non só a producción senón tamén a experimentación de cada participante na súa propia obra.
Mariano Durante (Bos Aires, Arxentina, 1964) – Recoñecido estampador de serigrafía con taller de seu en Madrid, Durante Serigrafía organiza cursos e estampa para artistas. Os cursos que imparte na Fundación CIEC son uns dos máis solicitados, onde tamén desenvolve unha labor artística creativa propia que expón de xeito habitual ao tempo que no LAM de Guadalaxara.
Información e matrícula
Todos os cursos teñen unha duración de dúas semanas en horario de tarde, de luns a venres de 17 a 21 horas e incluen ensinanza e materiais comúns, quedando a conta de cada estudante matrices, papeis e todos aqueles de uso individual.
Para matricularse nalgún curso deberá enviarse á Fundación CIEC (correo postal, email ou enchendo o noso formulario de inscripción online), a seguiente documentación:
– Motivos polos que se desexa facer o curso ou cursos, indicando a súa elección.
– Datos personais. Nome, enderezo, teléfono, email, profesión e estudos.
– Copia do documento de identidade.
– Copia do ingreso de 180 euros na conta bancaria do CIEC (ES53-2080-3101-0930-4004-6241), indicando sempre e únicamente o nome da alumna/o que realizará o curso no concepto.
No caso de envío postal, todo deberá enviarse á Fundación CIEC. Rúa do Castro, 2 15.300 Betanzos ou ao correo admon@fundacionciec.com
Unha vez confirmada a matrícula por parte da Fundación CIEC abonaráse na mesma conta bancaria o que resta do curso antes do comezo (indicando de novo en concepto o nome da/o alumna/o). A asignación de prazas será por riguroso orden de chegada. No caso de que o curso estivese completo, devolveráse a reserva de matrícula, devengando os gastos bancarios que se ocasionasen. As baixas antes do comezo só suporán a devolución cando se cubra a praza que queda e canso se fan con tempo abondo para cubrila.
Si se participou con anterioridade nalgunha edición dos Cursos de Gráfica, a/o alumna/o beneficiaráse dunha reducción do 10% da matrícula, para o que deberá enviar unha copia do diploma.
Se precisa axuda ou información complementaria, pode poñerse en contacto a través do teléfono +34 981772964 ou ciec@fundacionciec.com