Master da obra gráfica

A mellor formación de todas as técnicas na arte gráfica. Desenvolve a túa creatividade sen límites.  

CALCOGRAFÍA. LITOGRAFÍA. SERIGRAFÍA. XILOGRAFÍA.

OBXECTIVO E PLANIFICACIÓN
O obxectivo deste Máster da Obra Gráfica é a creación da figura da/o especialista en arte gráfica, para formar novas/os artistas e profesionais, cun plan de traballo que inclúe un profundo  percorrido polas técnicas de estampación tradicionais e tamén os novos procedementos e últimas tecnoloxías. Conta cunha doble vertente, o coñecemento de cada unha das materias para unha avanzada formación técnica e a investigación, experimentación e desenvolvemento das capacidades artísticas na creación da propia obra.

A formación é eminentemente práctica, combinada con leccións teóricas, impartíndose cada especialidade por artistas e profesoras/es de Universidades, Escolas e Talleres de todo o mundo e de recoñecido prestixio en cada unha das disciplinas que imparten ou mostran o seu facer artístico, e que se completan con outras culturais coma conferencias, xornadas debate, inauguracións, visitas didácticas, etc. Todo isto avala a formación das/os estudantes  participantes e acada un alto nivel artístico que se ver recoñecido nas numerosas ocasións cos premios, recoñecementos e traballos que reciben ou realizan en certames, convocatorias e responsabilidades.

Colaboracións, intercambios ou convenios con outros centros favorecen o intercambio de alumnado, profesorado e artistas destacados neste campo da gráfica, favorecendo un ambiente enriquecedor no campo humano, técnico e artístico. Universidade de Antioquia, Colombia; Accademias di Belli Arti de Florencia, Macerata o Roma; Facultades de Belas Artes de Altea, Barcelona, Euskadi, Madrid ou Málaga; Círculo de Belas Artes de Madrid; Alfara Studio de Oviedo, o OpenPortfolio ou o Festival Internacional de Grabado FIGBilbao son algúns exemplos.

Os catro cursos suman máis de mil horas lectivas, con clases presenciais e horario de mañá e tarde de martes a sábado nos talleres, combinadas con actividades conxuntas, exposicións, conferencias, xornadas e visitas a outros centros artísticos coa fin de coñecer o panorama cultura contemporáneo.

PROGRAMACIÓN
CALCOGRAFÍA. Outubro – Novembro 2024
XILOGRAFÍA. Xaneiro – Febreiro 2025
LITOGRAFÍA. Marzo – Abril 2025
SERIGRAFÍA. Maio – Xuño 2025

Esta programación contará con artistas e profesorado invitado como David Arteagoitia, Valle Baranda, Mariano Durante, Fernando Evangelio, Tita Fraga, Héctor Francesch, María Gambín, Omar Kessel, Alberto Marci ou Alejandro Rodríguez-León, entre outros.

AXUDAS 
A Fundación CIEC conta cun programa de Axudas á formación grazas ás colaboracións e/ou convenios coas facultades, escolas, talleres ou centros de arte nacionais e extranxeiros que permitan a movilidade de artistas, e para ofrecer oportunidades a artistas emerxentes e promover o acceso aos nosos cursos aos máis variados campos da arte.

INGRESO
O importe poderáse fraccionar en dous prazos, debéndose facer o primeiro pago antes do comezo do curso. O prezo inclúe matrícula, formación e materiais comúns. Matrices, papeis e todos aqueles de uso individual serán a conta de cada estudante.

 

Datas

Outubro 2024- Xuño 2025

Prezo - 5.070 euros

Máis de 1.000 horas lectivas

Horario de Inverno
10:00 /14:00 e 16:00 / 20:00
Horario de Verán
10:00 /14:00 e 17:00 / 21:00

Cursos

Inscripción