Cursos monográficos de verán dende 1985, cursos de especialización e Máster da Obra Gráfica dende o 2003 son as principais actividades que se organizan no campo formativo, convertindo ao CIEC nun centro dinámico e participativo, e nun lugar de intercambio artístico, cultural e humano único no que concurren creación, exposición, investigación e formación avalado polos anos de experiencia.
Grazas aos convenios, intercambios e colaboracións con outros centros formativos a estes cursos asiste profesorado e estudiantado de todas as partes do mundo.
Cursos
Estes cursos de dous meses profundizan nas variantes técnicas dos diferentes métodos de estampación artística. Técnicas gráficas tradicionais e as súas derivacións, así coma as derradeiras tecnoloxías aplicadas á estampa. Están impartidos por eminentes profesoras/es e artistas, estando dirixidos a licenciadas/os e/ou estudantes de Belas Artes, Facultades ou Escolas de Arte, artistas e estudantes dos diferentes campos artísticos. Plazas limitadas.
Xilografía
Outubro - Novembro 2025
250 horas aprox
+ Info
Litografía
Xaneiro - Febreiro 2026
250 horas aprox
+ Info
Serigrafía
Marzo - Abril 2026
250 horas aprox
+ Info
Calcografía
Maio - Xuño 2026
250 horas aprox
+ Info
Máster CIEC
Acada a mellor formación en todas as técnicas e completa todos os cursos da Fundación CIEC.
O noso obxectivo é a creación da figura do especialista en arte gráfica, cunha programación de cursos bimensuais sobre técnicas tradicionais, a súas variantes e as súas combinacións entre si.
Coñece máis
Cursos de verán
Disfruta Xullo e Agosto cós cursos exclusivos de verán da Fundación CIEC.
Todos teñen unha duración de 50 horas lectivas e impártense en horario de tarde, de 16 a 21 horas de luns a venres ao longo de Xullo e Agosto.
Ven a pasar un verán con nós e obtén unha amplia formación mentres disfrutas do verán na cidade de Betanzos, a súa contorna e as praias próximas.
Coñece máis
Axudas CIEC
Solicita información para acceder a unha das nosas axudas á formación e vir ao CIEC.