Serigrafia
PROGRAMA
Técnica de estampación dende múltiples perspectivas. Tras unha introducción teórica pásase á práctica e traballo sobre a pantalla, ben por procedementos manuáis: obturación directa ou mediante plantillas ou ben por procedimentos mecánicos: mediante emulsións fotosensibles e o seu posterior insolado e revelado.
Rexistros de cor, superposicións cromáticas mediante bases transparentes, novas tecnoloxías: fotografía, electrografía e procesos dixitais, selección de cor por ordenador, etc…. iránse debullando de forma práctica para poder ser realizados por cada alumno/a nos traballos de seu.
PROFESORADO
Impartiron estes cursos artistas e profesoras/es como Soledad Barbadillo, José Carrasco, Mariano Durante, Héctor Francesch, Erik Kirksaether, Alberto Marci, Manuel Silvestre ou David Arteagoitia.