Axudas CIEC

CONVOCATORIA DE AXUDAS Á FORMACIÓN CIEC 2023/2024

A FUNDACIÓN CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea, no seu desexo de potenciar a cultura e a producción artística no entorno da estampa, convoca a presente convocatoria de Axudas para a realización de estancias de estudo.

A naturaleza das axudas de formación enmárcase dentro de calquera das disciplinas gráficas: Calcografía, Litografía, Xilografía e Serigrafía, concédense a título persoal, có compromiso de ser realizada ao longo deste ano lectivo. .

En caso de incumplimento deste compromiso por razóns de causa maior será potestade da Fundación CIEC tomar a decición qeu estime máis convinte ao respecto. A súa decisión será inapelable.

Poden presentarse a esta convocatoria todas aquelas persoas que acrediten unha traxectoria académica ou artística con independencia da súa idade e orixe. A selección de proxectos e artistas faráse polo xurado designado ao respecto pola Fundación CIEC.

A composición de ditos xurados faráse entre os membros do Padroado da Fundación e os/as profesores/as invitados/as entre os que impartiran docencia nos talleres.

Para os artistas e duración dos proxectos bolsados estímanse catro modalidades que deberán ser explicados e solicitados na documentación aportados en cada solicitude por parte dos/as postulantes.

Dous meses (un módulo), catro meses (2 módulos), seis meses (3 módulos) e oito meses (4 módulos = Master completo).

Que equivalen ás seguientes modalidades:

A/ BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DUN OU VARIOS MÓDULOS

Ditas axudas contemplan unha axuda de formación para a realización dun, dous ou tres móduldos dos programados no Máster da Obra Gráfica que se imparte nos talleres da Fundación CIEC. Isto implica o uso do taller e materiais comúns necesarios.

Tamén facultan a posibilidade de acceder ao resto das infraestructuras das que dispón o centro, coma biblioteca, salas de exposicións temporais e espazo da Colección permanente.

A asignación dunha bolsas supón a asistencia continuada á formación impartida polo módulo elexido polo/a artista ao longo do periodo aprovado para o disfrute da bolsa. Unha ausencia continuada e/ou inxustificada e/ou a a falta de aproveitamento das horas de taller e do profesorado implicará a perda da bolsa. Dita cancelación suporá tamén o uso dos materiais comúns e dos espazos que compoñen a Fundación CIEC.

Nesta modalidade convócanse un máximo de ata 9 bolsas.

B/ BOLSAS DE MÁSTER COMPLETO

Dita modalidade contempla unha axuda á formación para a realización do Máster da Obra Gráfica cunha duración de 8 meses. Isto implica tamén o uso do taller e de todos os materiais comúns necesarios.

Tamén facultan a posibilidade de acceder ao resto das infraestructuras das que dispón o centro, coma biblioteca, salas de exposicións temporais e espazo da Colección permanente.

A asignación dunha bolsa supón a asistencia continuada á formación impartida polo módulo elexido polo/a artista durante o periodo aprovado para o disfrute da bolsa. Unha ausencia continuada e inxustificada e/ou falta de aproveitamento das horas de taller e dos profesorado implicará a perda da bolsa. Dita cancelación suporá tamén a do uso de materiais comúns e dos espazos que compoñen a Fundación CIEC.

Nesta modalidade convócanse un máximo de ata 3 bolsas.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Datos personais.
Breve carta de motivación na que se especifique  o módulo ou módulos que se queren realizar e por qué, e tamén se realizará cando a solicitude sexa para o Máster completo.
2 fotografías.
Copia do documento de identidade.
Currículum persoal cos méritos académicos, artísticos e profesionais.
Dossier de obra personal, preferente de arte gráfica, pero tamén pode incluirse calquera disciplina artística.
Declaración da derradeira renda ou o xustificante da exención da mesma.

O XURADO

Estará composto por membros do Padroado da Fundación CIEC, tendo en conta as aportacións do profesorado dos cursos. A súa decisión será inapelable.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Todas as solicitudes, para calquera das modalidades, deberán ser entregadas na Fundación CIEC, Rúa do Castro, 2 15.300 Betanzos ou no email  ciec@fundacionciec.com, remitidas por correo postal ou mail a partires das datas de divulgación destas bases e ata 15 días lectivos antes do comezo da bolsa solicitada. Nas solicitudes remitidas por correo será a data do selo/correo a que testifique a presentación dentro dos prazos establecidos.

DIVULGACIÓN

Para a súa divulgación estas bases permanecerán na páxina web da  Fundación CIEC e no taboleiro informativo da súa sede.