A Fundación

A Fundación CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea, é unha fundación privada creada o 7 de Abril de 1997, fruto da teima do artista Jesús Núñez co obxectivo de promocionar e difundir as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.

“Un Centro-Museo Vivo, onde o nacemento e desenvolvemento da obra gráfica está representado dun xeito diáfano a un gran nivel didáctico, teórico, visual e práctico” (Jesus Nuñez)

A Fundación CIEC realiza numerosas actividades e iniciativas entre as que destacan a formativa e a expositiva. A organización de cursos e talleres ao longo de todo o ano e a creación no 2003 do Máster da Obra Gráfica fálanos da importancia desta actividade así coma do número de profesoras/es, artistas e estudantes que teñen participado e o seguen facendo. A exhibición dos fondos da Colección, a realización de exposicións temporais, as visitas guiadas e as visitas didácticas para centros formativos e público en xeral, os talleres para nenas/os e a asistencia a feiras de arte contribúen notablemente ao mellor coñecemento e difusión da arte gráfica e das/os artistas. A isto hai que sumar as publicacións, edicións, conferencias, presentacións de libros, concertos e demás eventos que converten á Fundación CIEC nun referente da Gráfica contemporánea.
Dende 2006 recoñécese  esta labor e a do seu Presidente coa creación do Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez que convoca a Deputación da Coruña.

Talleres

A Fundación CIEC conta con 1.500 m2 de amplos espazos renovados e adaptados para acoller un centro de gráfica, con equipamento, maquinaria, ferramentas e zonas de traballo e estudo para o coñecemento e desenvolvemento destas técnicas tradicionais, e xunto aos espazos expositivos que albergan a Colección e mostras temporais.
Estos talleres contan con tórculos, prensas hidráulicas e planográficas, brazos de estampación serigráfica, secadeiros, laboratorios, mesas de traballo, biblioteca, etc en condicións óptimas para os cursos, talleres, estancias artísticas, clases personalizadas ou visitas.

Visítanos

Disfruta dunha xornada para coñecer o CIEC, a súa Colección e mostras temporais con comentarios das obras expostas, demostracións técnicas, compartir unha xornada cos artistas que traballan nos talleres e ademáis a posibilidade de realizar unha estampa.

Visitas guiadas e didácticas dirixidas a centros formativos, institucións, asociacións, grupos e público en xeral adaptando cada actividade a cada grupo e tempo dispoñible, todo có gallo de fometar a cultura de base, a afición a arte gráfica e ao coleccionismo.

Contacta con nós para unha visita interactiva.

A Colección

A Colección da Fundación CIEC ofrece unha ampia visión da gráfica contemporánea, dende as linguaxes máis realistas á abstracción, variantes que se acentúan pola diversidade de técnicas na consecución dunha estampa.

Nela atópanse representadas/os grandes mestras/es que ceden relevo a artistas consolidadas/os e a novas/os creadoras/es formados nos talleres do centro ou nas facultades e escolas de arte de todo o mundo. Barjola, Canogar, David de Almeida, Genovés, Jordanov, Gabriella Locci, Antonio Lorenzo, Maruja Mallo, Picasso ou Saura son só un exemplo das súas máis de 3000 obras.

Esta importante Colección segue a ampliarse cada ano grazas á xenerosidade de moitas/os artistas e ao programa expositivo que desenvolve o equipo do CIEC ao longo do ano. Especial atención merecen pola importancia do seu autor e número de estampas as salas Amadeo Gabino, François Maréchal, Jesús Núñez e Luis Seoane.

Jesús Núñez

Betanzos, 1927

En 1997 funda na súa casa natal de Betanzos, aportando equipamento e parte da súa colección particular, así coma un importante número de gravados da súa autoría. Esta Sala que leva o seu nome mostra dende as súas primeiras obras feitas no Berlín de 1952 ata as súas obras máis recentes, manténdose ainda en activo e pleno de enerxía creadora. o conxunto de máis de cen obras é a maior colección que se pode visitar deste importante gravador galego.
Jesús Núñez compartiu a súa experiencia creativa con profesionais e estudiantado nos numerosos cursos que impartiu, moitos deles son hoxe artistas destacadas/os no mundo da gráfica e profesoras/es desta disciplina, o que proba a importancia da docencia na vida deste creador.

Amadeo Gabino

Valencia, 1992 – Madrid, 2004

Recoñecido pintor, escultor e gravador, Gabino visita a Fundación no verán de 1999, e grazas á amizade con Jesús Núñez e á empatía co proxecto desenvolvido na cidade de Betanzos, doa no 2002 un conxunto de máis de 60 obras. Dende entón adícaselle unha sala na que se expoñen de xeio rotativo estas pezas que abranguen
dende os anos 60 ata 2001, quedando representadas a súas etapas creativas máis importantes e as técnicas de estampación nas que traballa, coma o gravado calcográfico e a serigrafía.

Luís Seoane

Bos Aires, 1910 – A Coruña 1979

A Fundación CIEC adica unha das súas salas á exposición de xeito permanente de xilografías e serigrafías de Seoane, nas que pode contemplarse a iconografía propia deste creador: campesiños, guerreiros medievais ou personaxes da intrahistoria galega, así coma tamén escenas circenses e retratos que dan idea do potencial creador deste galego universal. A chegada das obras foi no 2002 pola intermediación de Mercedes e Felipe Criado e á xenerosidade da viúva do artista, Maruxa Seoane, que quixo que as pezas puidesen ser vistas polo público e así divulgar a producción gráfica dun dos autores galegos máis coñecidos.